martes, 17 de marzo de 2009

PLENO DE QUINCE

Non, non falamos de quinielas, xa me gustaría unha de quince nese caso, pero neste outro non me gusta tanto alcanzar o quince ou as veces os 18.
Falo do Pleno do Concello Lousame, que se celebra cada dous meses no terceiro xoves, pero como esta semana cadra en festivo celebrarase o mércores, día 18 as 20:30 horas. E por qué falo de quince, porque cada vez que hai pleno xúntanse 15 puntos a tratar, mais ou menos. Normalmente en dous meses pasan moitas cousas e hai moitos temas dos que teñen que dar conta. Pero desta vez non sei que celebramos que temos sorte, tocounos a lotería e vamos ter mais tempo para os rogos e preguntas.
Normalmente dannos case as 12 da noite e pouco podemos dicir, porque non se pode prolongar moito mais alá. E seguimos sen saber a razón (eu o a verdade eu téñoa clara, outra opinión sobra) todos se coce en reunións privadas, nas Xuntas de Goberno, as que como o nome di so acoden os Concelleiros do Goberno, e despois trasladase en forma de 40 decretos ao pleno dos que pouco podes dicir.
Así que dende aquí os meus parabéns aos que opinamos de distinta maneira, os poucos que somos e que protestamos, e que sempre nos quedamos con algunha pequena intervención, coa palabra na boca, entre tema e tema, de forma que non sexa demasiado longa, que rematamos xusto cando se poñen nerviosos. E tamén para aqueles veciños que algunhas vez acoden, para mostrar a súa opinión, porque teñen un problema, o simplemente por interese, pero que se cansan esperando porque son poucos son os que interveñen, porque non o poden facer ata que o pleno se cerra. Esta vez non son quince son seis, e deses tres, son de tramites, que pasou que parece que se parase o mundo, sería por culpa das eleccións... estiveron moi ocupados facendo por outras entidades para facer nada polo Concello.Vamos ver, polo menos desta volta teremos tempo para os Rogos e Preguntas, e creo que aproveitaremos porque outra desta non se da, estades invitados...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non foi moi descarado o do "señorito" do Bloque saíndo onte no programa de Vivir aquí, criticando a desfeita do polideportivo cando estiveron bigobernando na Xunta estes últimos catro anos?