A min gustaríame que algún experto analizara a rentabilidade que o concello lle vais sacar as Minas de SanFinx, alguén me comparou recentemente a obra como a Cidade da Cultura de Santiago Freire, a gran obra que empeñará Lousame, que xa está bastante empeñado.
Polo de agora as visitas xa custaron mais do que trouxeron, porque o único que se está a facer son regalos de mochilas e camisetas a rapaces que din que viñeron, ademais do persoal e do custo de manteñemento, porque xa se leva gastado un cuarto de millón de euros e aínda no veu ninguén nada, todo a medio facer.
Pero podedes ler a entrevista porque tamén fala de saneamento si, moito tubo posto sen conectar a unha depuradora, asi de que nos sirve. Pero parece ser que con isto xa contenta aos veciños. Porque estarán contentos, agora vailles pasar a variante por Marracin e Sanguiñal e para que pasen todos eses coches fai carreteiras sen beirarrúas, vamos facer un Lousame para os de fora, porque a ver por onde pasean todos os que lle gusta pasear polas tarde por iso de facer un pouco de exercicio.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/05/06/0003_7698044.htm
e comparadea con este outro museo que nunca existiú:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/05/13/4770023.shtml
Cando entrou dixo que quería intentar facer medrar a poboación pero seguimos, e a este paso seguiremos, caendo como non empece a pensar mais en dar servizos e menos en autopromocionarse.
sábado, 16 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
E polo mar abaixo vai unha troita de pe,
corre que te corre vai quén a puidera coller,....
¡¡¡Tataratá...!!!
¿Cantos anos terán que pasar, e cantas xeracións terán que morrer, para que xente así non teña a posibilidade de acotar o futuro de un pobo? En fin, xa dixen un dia que na elección está a penitencia.O peor é que tanto está a penitencia de quen os elixe, como a den quen non. Sólo me queda un alivio, o Concello en conxunto ten o que merece, pero eu non.
Totalmente de acordo e sáudos da filla de Ton.
Hola Ali!
Algúns sabemos quen é Ali sin ter que decir que é a filla de Ton, inda que tampouco está demais ¡claro!
Publicar un comentario