domingo, 8 de marzo de 2009

Unha de eleccións

Despois da resaca electoral solo cabe pensar no noso Concello en non ir mais aló de Fontefría nos nosos intereses, que xa é bastante se traballas neste concello e tes que ir todos os días polos seus estreitos camiños.
Agora xa non existen escusas entre goberno da Xunta e Concello, agora como comparten ideais seguro que non lle negan nada. A ver se o problema era ese, ¿apostamos? Farase algo nos próximos dous anos que non se fixeran nestes últimos catro, resumindo parchear estradas e empatar tubos (porque non se pose dicir que se rematen saneamentos).
E nos polígonos conseguiremos algo, ademais de levantar o cartel caído... hai dous anos cando foron as eleccións pensei que esta podía ser a lexislatura do progreso, para calquera partido que estivera no goberno. Tiñamos un Plan Xeral aprobado que permitía as promotoras comprar solo barato pero con futuro, as comunicacións facilitaban que novas urbanización se foran creando... falouse de Cruido, de Vilar, de San Xusto, e unha tras outra foron atopando algún inconvinte ata atoparse de pleno ca crise, e iso que algúns xa fixeran plans, as casas de Cruido tiñan que terse entregado neste ano.
O mesmo pasa cos polígonos, cantos anos hai de eses carteis de próxima promoción, tanto que haberá que redefinir o concepto próximo no dicionario galego. Parece que esta corporación non sabe crear mais traballo que aquel que pasa polas oficinas do Concello.
E eu non creo que vaia mellorar, tendo en conta que outra das bases que eu tiña en mente cando dicía que isto ía ser a lexislatura do pulo de Lousame, era a futura variante interior, que tiña ademais dos enlaces da vía nai (a de Santiago- Muros), en Fontefria e San Xusto ou Portobravo sexa cal sexa a opción, dous mais nas vías de Noia-Pontebeluso e Noia-Boiro. Ademais do posible acceso en Argalo dos sempre olvidados veciños de Camboño. Co que se podía decir que todo Lousame quedaba rapidamente comunicado con Santiago. Pero non se vai facer, era unha desas promesas que fixo feijo, aínda que sempre nos quede a esperanza, de que sexa unha promesa a medias, coma a do coche que ía comprar a Vigo e agora resulta que o vai comprar en Paris. Eu ainda dudo que venda ningún.... o dito ¿que apostamos?

No hay comentarios: