A pouco de que un estea a fixarse un chisquiño, daráse conta de que a dereita política deste Estado leva anos nun entroido de continuo. Podemos ver que dispois de estar anos sometendo a xente a un réximen privativo de liberdades, pasan a tentar convencernos que son os mais "liberales" e tíldanse asímismos como tales. Pasan de machacar a un pobo a chamarse "populares". Pasan de ser (e si acaso ainda sendo) o máximo exponente do fascismo, a alcumarlle de "fascistas" os demáis. Tendo na sua liña ideolóxica, e nos seus partidos políticos, as maoires fortunas do Estado, escoitamos o Sr. Rajoy decíndonos que eles están cos artistas que non chegan a fin de mes, como querendo facernos ver que o seu son os pobres. Despóis de estar toda unha lexislatura dividindo e crispando ideolóxicamente ó Estado, pasan a acusar os demáis xustamente do que eles están a facer. Esnaquizan todas as posibilidades de consenso en temas importantes para o Estado, quedándose completamente sós, e vótanlle a culpa os demáis.
Visto o visto, o españoliño terá que andar moi fino co seu voto si quere sair deste embrollo da maneira mais convinte. I é que os lobos estanse a vestir de ovelliñas.Por unha banda poderíanos tranquilizar o feito de que a xente hoxe está mais lista que fai 72 anos, pero por a outra temos que ver que as técnicas de camuflaxe da nosa dereita tamén chegaron a ser moito mais elaboradas, e xusto ésto é para votarse a tremar. Teremos que ter moito coidado co noso voto, si non queremos que o futuro nos depare moi malas consecuencias. E terán que ser moi dilixentes, eficaces e responsables nas suas actuacións o resto das forzas políticas, para non poñerllo en bandexa a esta camaleónica dereita.
En fin, só espero que cando vexamos pinos, sepamos mirar ben detrás deles, para ver de verdade qué plantas ten o bosque que está a ser tapado. Non vaia a ser que en vez de pinos nos atopemos con carrouchas.
Amen.
domingo, 17 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario