miércoles, 13 de febrero de 2008

AS PP PARIDAS

E dinos o homiño que as colas nas listas de espera da nosa Seguridade Social están saturadas por os inmigrantes. Claro, a él gustaríalle que estas xentes traballaran e pagaran os seus impostos coma nos, pero que si se poñen enfermos vaian a curarse ós seus paises de orixe. ¡Carallo que listiño é o de Cádiz! ¿Serán todos así?.
E síguenos decindo o "punto" que o servicio está moi mal. Que está cheo de inmigrantes cos que non consigue entenderse por incapaces e mal preparados. E dígome eu, si nesa cabeciña tan grande que ten, non acadará a ter unha chispiña de memoria, que lle permita lembrar como as pasaron tantos e tantos dos nosos en Inglaterra, en Alemania, en Francia, en Suiza,...nos barcos da Shell ou nos cargueiros noregueses? Bueno, o mellor non e cousa de memoria, si cadra non sabe nada do tema.
Meu deus, calquera vota a un partido que pode elevar de novo a Ministro a un "lumbreras" da maneira.

Pero claro, todo o anterior ten a sua explicación e xustificación cando escoitamos ó máximo exponente teórico decir o dos 500 millóns de árbores en catro anos. Mira tí,...non é un problema do "lumbreras" de maneira aislada, mais ben parece unha cuestión de "nivel" do colectivo que forman parte. Porque a menos que teñan en algún lado xa almacenadas tantas plantas, cousa dificil de crer, que se dedique a plantar en todas as épocas do ano, que os plantados fora da época apropiada non seque ningún, que sería excepcional, que dispoña de un presuposto que pode variar entre os 10.000 e os 20.000 millóns de euros, según o tipo de planta e as untadas de viveiros e subcontratas (dos seus amigos claro), que...Pois ben, a menos que suceda todo o anterior, o final vanlle a quedar uns quince dias dos catro anos para facer a plantación.

Con ésto cheguei a un punto donde estoume a debatir na duda entre dous supostos cada cal mais mortificante: Ou ben son asi de láparos, ou ben pensan que o somos os que os oímos (que non escoitamos).

¡¡¡REDIOS!!! >:(

1 comentario:

Anónimo dijo...

!Redios!o famoso tragón das Vacas Tolas que se atiborraba nas festas que organizaban para demostrar,o que o seu presidente de honor DON MANUEL pretendeu no seu momento cun episodio de todos lembrado,que se podía comer carne sen perigo.Ese insigne MINISTRO que foi do glorioso Sr Aznar,ese SEÑORITO Andaluz que ten lembranzas dos nosos camareros nacionais,ese personaxe tan locuaz, habería que pagarlle un viaxe en clase turista a algún país Africano para que pudera comprobar a SANIDADE ESISTENTE.Non quero cebarme cun pobre home que coido debe de reflexionar,e que mellor que unha boa CONFESION con algún dos BISPOS que tanto suspiran por que volte o PP a gobernar para seguir cas prebendas e beneficios o que están tan afeitos.Señor CAÑETE, GRACIÑAS por mostrar sin antifaz o sentir do seu grupo,o PAIS non olvida.wzmom