
Votándolle unha ollada a foto que acompaño, podemos ver a tres donas que, por a actitude que presentan contra Josu Jon Imaz, daquela Presidente do PNV, deben pertecer a un deses grupos radicales que teñen " barra libre para agredir, insultar e ameazar de morte" a dirixentes de partidos políticos, como poden ser as moi respetables donas San Gil e Rosa Díez, a primeira na Universidade de Santiago e a segunda na Complutense de Madrid.
A cousa é que a min as caras da morena e da rubia soanme, pero por mais que o tento non acado a lembrar quén son. ¿Pode axudarme alguén?
Menos mal que, según nos transmite a mesma dona San Gil, si o Sr. Rajoy gaña as eleccións xa "non se estigmatizará a ninguén, e apostaráse por unha convivencia tranquila i en liberdade, que é o que nos fai falla a todos". E non como pasa agora co ZP.
Cachinlá,...pero quén serán estas duas,...que o teño na punta da lingua e non me acaba de sair...
1 comentario:
No meu País a semexante exemplo de cordura chamariamoslle LAVERCAS.
Publicar un comentario