miércoles, 9 de diciembre de 2009

¡xa que preguntaches! Vou contar o das Bicicletas de aluguer

O ata hai pouco alcalde de Porto do Son ocurreuselle a idea de traer un servizo de paseo, vexase a Voz de Galicia do 15 de xullo deste ano: El ejecutivo sonense dotará al municipio de una red pública de uso de bicicletas, e seguía, La intención del regidor sonense es que el servicio entre en funcionamiento en el verano del 2010.
Pois insitiu na súa idea e resulta que enbarcou aos concellos de Noia e Lousame, e a Voz publicaba o 30 de outubre que serían financiadas polo Inega e xa estarían en funcionamento incluso no primeiro trimestre de 2010. A ídea para o Son non era mala, porianse a disposición dos veciños nas casa de cultura, pero a orografía e relacións interparroquiais do Concello do Son ou Noia incluso, non ten moito que ver con nos.
Contan cunha subvención de 140.000 euros do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a adquisición dun centenar de bicicletas, así como das estacións base nas que os usuarios as poderán coller en préstamo. Porto do Son contará con dous puntos de recollida: un estará na zona urbana sonense e o outro en Portosín. No caso de Noia, outros dous puntos con 20 unidades cada un, na rúa Besteiros e na zona de San Lázaro, mentres que en Lousame as bicicletas se poderán coller nas inmediacións da casa consistorial, e teremos á nosa disposición 20 bicicletas. Creo que Lousame quedaba moi ben no proxecto, pero hai pouco oín como se queixaban do cara que saía cada unidade. E é que cada base debe custar 10 a 20 mil euros, e as bicicletas en relación entre 400 a 900 euros, a ver o que dura, porque deben ser incribles, ¿andaran soas?

1 comentario:

COTO DA VELLA dijo...

Buenoo...a este home que lle dean a guita que él con mil euros fai todo, e o resto xa o meterá en algo mais interesante para él. Vai o Eroski e con 800 euros merca oito bicis, de volta pasa por o Arca e merca unha cadea con un candado dos chinos. Para base xa lle sirve unha das columnas dos arcos do Concello. E xa está...un servizo de bicis mais o seu xeito, como o resto das cousas que fai.