jueves, 19 de noviembre de 2009

Saiu o 2º numero do Boletín. A denuncia é sobre pistas deportivas.


Neste último pleno como noutros dous plenos anteriores preguntamos ao Sr. Alcalde sobre a situación das escolas deportivas. Despois de que nesta tempada estivesen a punto de desaparecer as categorías inferiores do Lesende por falta de diñeiro para o seu mantemento, mentres cada verán vemos como se celebran no flamante novo campo de fútbol do concello de Lousame, torneos do Viño para equipos de fóra, afortunadamente este ano algún equipo decatouse a tempo da inscrición, pero antes foron equipos de fóra os que o xogaron, case de estrea no campo de Cabanetan.
Non sei si se decata o Sr. Alcalde que ese campo se conseguiu grazas a ter equipos federados, e a importancia que supón telos, o campo non se mantén con pachangas de amigos. Pero parece que agora que xa o conseguiu, o máis doado e que o manteñan outros, mentres e novo non se pensa no mantemento.
E que parece que ao señor alcalde só ocupa os seus esforzos nos seus proxectos nos que él lle conveñen, porque o deporte xa non lle parece interesante, pistas deportivas por todo o Municipio, que caen a cachos, como mostran as fotos de Vilacoba e Lesende, como exemplo, porque hai outros, vale que na parroquia de Lesende xa teñen un, pero en Cruido xa teñen máis de unha instalación deportiva e estase a pensar en facer outra, si vamos a diversificar fagámolo ben. Hai que empezar a pensar en manter. Un bo plan de mantemento é moito mellor que construír de novo, pero xa se sabe as obras de mantemento non serven para saír nas fotos. Ao mellor por iso xa non se coidan a escolas deportivas, porque xa pasaron as eleccións e para as próximas aínda faltan case dous anos. Pois as familias dos nenos, que acoden a estas escolas, pagan o mesmo que hai un ano, e por moito menos, seguen pagando 160 euros por neno. E antes tiñan desprazamentos e mesmo merenda. Está claro dalgún sitio hai que sacar e non llo van sacar do seu soldo.
Pois agora ademais dunha posible nova Pista Deportiva, solicitouse á Deputación un espazo de ximnasio ao aire libre para maiores, ademais dun investimento en bicicletas, que coñecemos recentemente polo xornal, co Concello de Noia e o de Porto do Son, haberá que ir hasta elas en coche, e logo alugalas para percorrer as nosas vías, ou mesmo ir ata Noia, si señor, iso si é apostar polo deporte, haberá que ver se dentro duns meses a foto dunha delas, oxidada, non é obxecto desta páxina.

1 comentario:

COTO DA VELLA dijo...

A clave está en: "pero xa se sabe, as obras de mantemento non valen para sair nas fotos".
¿Cómo, cómo...é eso das bicicletas de aluguer? De que vai que eu non oín nada.