O tempo pasa de maneira inexorable, e asi, a Corporación actual do noso Concello xa cumpleu un aniño. E cando digo "aniño" non quero dar a entender que teña menos dias que un ano normal, mais ben quero chamar a atención sobor do pouco que o actual Goberno Municipal levou a cabo neste tempo. Tan pouco que foi capaz de convertir todo un ano en "aniño".
E é que, si o miramos con algo de xeito, calquera empresa con mais de 60.000 euros mensuais de gastos man power que ofrecera uns resultados tan pobres, estaría abocada a un peche inminente. Pero claro, ésta non é calquera empresa, é o Concello de Lousame, que conta con un accionariado moi sufrido (e mais que o seguirá sendo desgraciadamente). Pero bueno, sempre lle quedará o consuelo de poder mudar de xerentes cando lle chegue o tempo de celebrar Consello de Administración. Esperemos que para alá acerte, e mentes tanto a j...
Os polígonos industriais levan anos co cartel de "PRÓXIMA". Tantos que, o único que vai ser próximo si as cousas non collen outro xeito, e o de mudar os dichosos carteis que coido que non poderán aguantar outro inverno. En calquera caso, e a tal ver, eu faríalle a proposta de cambiar o texto dos próximos, ou incluso correxir éstes, poñendo algo que escomenzara por "ALOMEJÓ" en vez de por "PRÓXIMA". Coido que así estaría mais na liña dos acontecimentos que están a correr. Pero xa sabemos que a culpa de todo teñena o resto das Administracións que non colaboran nadiña. O Goberno Municipal di que fai todo o que pode. E eu digo que fai todo o que sabe, pero desafortunadamente para o Concello, sabe moi pouco. E é que esto da Política e algo mais complicado que templar gaitas cos veciños, rodearse de estómagos agradecidos e venderlle FUME a todo o que se arrima. Temos un alcalde que ten a especialidade de marear o balón no medio do campo, pero visto o visto en toda a sua traxectoria política, é incapaz de marcarlle un gol nin o arco iris. E amiguiño, sin marcar goles non se gañan os partidos. Facer política cando se teñen amiguiños no resto das Administracións e moi fácil, casi de parvos. A verdadeira capacidade, si se ten, demóstrase cando en vez de amiguiños atopámonos con contrincantes. Pero claro, os contrincantes non son tan doados de embaucar como os veciños, e por o tanto non sirven as mismas tácticas. O contrincante non se deixa, e claro, a Santi gustarialle que se deixara. O contrincante ofrecelle, por exemplo, facerse cargo en certa medida da financiación das GALESCOLAS, pero a cambio faille ver que nestas GALESCOLAS teríamos que ter tamén xente que fale en outras claves que non sean necesariamente PP, como ata o de agora. E inda que o método sea certamente cuestionable, a verdade é que o obxetivo final parece mais democrático. Os nosos fillos irían a uns centros donde se falarían en todas as claves, e serían cousa deles e dos seus pais o decantarse por unhas ou por outras. Pero claro, a Santi gustaríalle que o contrincante lle arriara a xarda sin mais, para que él poidera seguir vestindo exclusivamente de PP os centros municipais, e por encima a menor coste. ¡Mira ti!. E os demáis temos o dedo meiniño mais pequeno de tanto chupalo ¿verdade compañeiriño? E agora diranos que non e certo que os centros municipais estén vestidos de PP. Pois home, si así é, para que se preocupa tanto como para poñer en peligro as axudas. Total, si xa os centros falan en todas as claves...Pero él sabe que non é así, e que si acepta as axudas perde influencia partidaria neles ¿verdade? E prefire perder as axudas a repartir democráticamente as influencias. ¡Toma do frasco Carrasco! E dispois dirá que o resto das Administracións non colabora ¡claro! Ésto é política compañeiros, e si queres coller con unha man tes que ofrecer algo ca outra. Xa sabemos, "todos os proveitos non caben nun saco", e xa e vello ésto. Ou é que este home non se decatara.
Si nos dedicamos a poñer carteis de PROXIMA antes das eleccións, para despois deixar pasar os anos e non arrancar, estamos vendendo fume.
Si nos dedicamos a acometer saneamentos e dispois ou non os conectamos ou o facemos a infraestructuras insuficientes, estamos vendendo fume.
Si nos dedicamos a facer as contas da leiteira co proxecto Iroite, e non facemos as cousas con orde, ven o Ministerio de Defensa e rómpenos o cántaro. E seguimos vendendo fume, ademáis de facer o ridículo ¡claro!
Si nos dedicamos, xusto antes e durante as eleccións, a facer unhas pseudoaceras con cantos arrepiantes por falla de mais saber, estamos camelando a quen se deixa.
Si nos dedicamos a favorecer o señor José con un terreniño achegado a casa, a cambio de facer curvas mais anchas, seguimos tendo as mismas curvas pero mais anchas e seguimos vendendo fume.
Si nos dedicamos a decir que a feira vaise a facer en Lousame, asi sin mais, continuamos a vender fume. Nin que o home fora astronauta en vez de verterinario.
Si nos dedicamos a proxectos San Finx que nos veñen grandes, volta a vender fume.
En fin, que mais que un alcalde asemella ser o indio Xerónimo xogando con fume.
E dispois sale decindo que está moi preocupado por o descenso de poboación. Pero resulta que con estar preocupado non se arranxa nada. Arránxase poñendo en marcha os polígonos industriais de unha puñetera vez, por exemplo. Pero para eso tense que ter capacidade e non escomenzar as cousas mal dende un principio, perdendo influencia sobre un dos poucos espazos industriais dispoñibles na zona. Claro que o millor xa se lle ocurreu a audaz idea de montar un asentamento en San Finx, ou aumentar a número de estómagos agradecidos dependentes do Concello, ou...vai ti a ver.
De todas as maneiras, esto de vender fume faino porque, entre nos, temos xente que llo compra. E mentres ésto aconteza seguiralle a soldar. Outra cousa será si lle solda o Concello. Inda que o fin, na elección estará a penitencia.
Saudos
domingo, 1 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Boas, son un ciudadán que pensa moi parecido xa que nesta lexislatura o único que nos vende o traveso dos xornais é a compra dunha casa en Camboño, moito fume.Si contamos con un Concello con problemas económicos(podese ler o artigo de Sara Ares)non se entende que nos metan os nosos dirixentes nun sector en declive(inmobiliario) e nos ameacen con seguir facendo destas trouladas. O que non se pode é tratar de contentar a todo o mundo, o tempo dos homes bós xa rematou, agora é mais doado conquerir as cousas con moito DIALOGO, non arrasando,xa que osproblemas que se poidan plantexar cos veciños i empresas privadas(lease promotores de polígonos) non deberían ser unha prioridade para o noso Alcalde que a miña opinión debería dedicarse maís a resolver os problemas do Concello(saneamentos,arranxo de estradas,incentivar o empadroamento,e non a conseguidor.)Menos FUME é mais FEITOS.
olaaa!!!eu tamén penso moi parecido a verdade!!non son votante do PP pero reconozo que fixo moi boas cousas na lexislatura pasada tanto que a maioria dos de lousame sabiamos con certeza que ia volver sair votado outra vez!!!
sin embargo, a pesar de que non voto moito en lousame e a maioria do tempo que estou ali mo paso en noia e non me entero de gran cousa, que eu sepa non se fixo moito dende que ganou as eleccions. quizas tamen sería bo darlle un pouco de tempo aver se mellora a cousa...
P.D. pareceme moi bo o blog e gustame porque asi tamen me entero dalgunhas cousas que a verdad descoñezo!!!
saudos
saudoss
Non son de Lousame, pero parecese intuir que na primeira lexislatura o alcalde fixo moi ben e de aí que conseguise maioría absoluta en detrimento do partido que o aupou.
Visto o visto, parecese deducible que algo influieu a teniente-alcalde no bon facer neses catro anos, se non, non se entende este último "aniño".
Mágoa que os veciños e veciñas en vez de ver esa boa "xestión compartida" a mandasen a oposición.
Agora toca e espera e aplicarse aquilo de: cada pobo ten o goberno que se merece.
P.D. No polígono non ten nada que decir a conselleira Tareixa Taboada do BNG?
Ao meu entender danse más presa en "xestionar galescolas" que en fomentar o emprego en Lousame e noutros pobos, sen pararse a pensar que se non hai traballo a xente emigra e con eles os fillos e fillas.
É a pescada que se morde o rabo.
Descoñezo en profundidade a influencia da tenente de alcalde na lexislatura anterior, pero inda recoñecéndoa como positiva,que de seguro que o foi, non coido que a sua ausencia sea a culpable da situación actual.
Despois de unha etapa socialista esgotada bastante antes do seu fin, a primeira lexislatura compartida era un retorno a esperanza ¡que xa tocaba! O que pasa e que con esperanza, boas intencións (supoñámolas), e templanza de gaitas, por si sós, non chega. Para solucionar problemas como os que aqueixan o noso Concello fan falla moitas cousas, pero unha sobor de todo, CAPACIDADE. Refírome a capacidade tanto intrínseca, a que reside nas propias persoas, como extrínseca, a que reside nos demáis, (dígase Tareixa Táboas ou calquera outro), e nas circunstancias de cada intre. A primeira nace con un en certa medida, e sirve, entre outras moitas cousas, para conseguir a segunda. Como apuntan no artigo FUME no e o mismo tratar con contrincantes que con acólitos. Ter capacidade intrínseca para poder extraer dos contrincantes a suficiente capacidade extrínseca que che permita levar a cabo cousas beneficiosas e importantes para o teu Concello, non é tan doado como para facer o mismo cando se trata de acólitos. Xusto ése parece, o meu entender, o problema do actual equipo de goberno. Carece da capacidade necesaria que diferencia a brillantez do fume.
Pero bueno, é o que a xente quixemos, e é o que temos...
Saudos a todos.
Non creo que o fixese mal a anterior Tenente Alcalde, pero xa se sabe que nun goberno compartido si as cousas saen ben sempre sairán para o partido maioritario, non para o minoritario.
Pero o que se pode debater e se estiveron vivindo de rendas o viven agora de rendas, porque obras grandes non vexo eu que se fixeran, refírome a esas das que disfrutamos todos, casa da cultura, piscina e pavillóns, ou eu polo menos, o campo de fútbol de Lesende leva con problemas de rego desde a inauguración. Pero eso importa pouco porque só os rapaces as usan parece, e non e así cada vez hai mais xente maior que quere moverse, e déixanse morrer como o campo de fútbol de San Roque.
Por certo si se esta a facer unha obra grande a ampliación do concello que parece a do Escorial polo tempo que leva, tamén traballaran alí os operarios do concello, os da cuadrilla de obras (so pola maña, porque xa sabemos que fan pola tarde, ...).
¡Ja! Xa vexo que a xente sabe o que fai a cuadrilla por as tardes...A ver logo si pouco a pouco vamos decatándonos.
Publicar un comentario