O Pleno aceptou por unanimidade, ( a proposta do PP ), acollerse ó asunto das galescolas. Mais tarde chegou o momento de facerlle frente ó acordo definitivo, e fíxose diante do Vicepresidente. Pero velahí que entran en escea os Sres. Rueda e Feijoo, que aparentemente cabreados como monas, deciden tirarlle das orellas o noso Alcalde e outros mais, o parecer por mostrarse tan colaboracionistas co, según eles, enemigo. Parece entón que para enmendalla, acordan facer unhas declaracións criticando os términos do acordado, e inda mais, facer constar que si firmaron foi porque se viron forzados.
Desta maneira, os alcaldes beneficiaríanse do acordo vendéndollo os veciños (que a éles debe parecerlles que non se enteran de nada) como un logro persoal, e o mismo tempo o PP salvaría a cara, dando o Sr. Feijoo (que por certo, sempre que o nomeo acórdame aquela marca de gaseosa barata que empalagou de dulzura a nosa nenez) un exemplo de autoridade de pin..pan..pun.
Pero claro, chulear a Quintana non é tan fácil. Así que a última é que o noso Vicepresidente decide suspender o acordo, porque ante o dito por os alcaldes do PP (entre eles o noso), él non quere levar a ninguén forzado a ningún lado.
E pregúntome eu...¿acaso o noso Alcalde non coñecía os términos do acordo cando decideu levar a proposta o Pleno? Si os coñecía non sei a que veñen as críticas e forzamentos posteriores. E si non os coñecía pois...inda peor, por levar o Pleno algo descoñecido para él. ¿Cómo pode un Alcalde acatar algo por forza, e seguir no seu cargo? ¿Cómo o forzaron? ¿Quén o forzou? Ou se explica de maneira convincente Sr. Alcalde...ou ésto parece "jaque mate". Osease...¡¡¡cagouna!!!...con perdón. Pero, o meu entender, non o fixo por tentar acollerse as galescolas. Cagouna, outra vez con perdón, por non ser o suficiente e necesariamente valiente, serio, coherente e consecuente como para decirlle o Sr. Gaseosa que vostede é, ante todo, Alcalde de Lousame. E como tal, non pode nin quere permitir que, por unha chuminada política tan floxiña, tan de telderetes, os fillos dos seus convenciños corran o risco de non poder beneficiarse das galescolas. Esta casi costumbre sua de querer capar e asubiar, de querer quedar ben con todos, de querer nadar e gardar a roupa, tenlle estas cousas...¿Débese vostede o Partido ou o Pobo? Sería bo que llo aclarase a ámbolos dous. Ou é que todo esto forma parte de unha estratexia de supervivencia, baixo a consigna de: "vos ide buscándovos a vida por ahí como podades, que nos desde aquí farémonos os cabreados, desautorizándovos e o que faga falta para facelo creíble". Eu xa dixen que como estratexia non está mal, pero sería necesario contar con algún "panoli" do outro lado, e non teño nada claro que o Sr. Quintana reuna esas condicións.
En fin, vaia pensando Señor qué nos vai a contar para tentar salir désta, que cada un de nos xa iremos pensando o que nos pareza. E sobor de todo, trate de arranxar o desaguisado por mor dos seus representados.
Amen
miércoles, 7 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Imaxínome o Sr. Alcalde de Lousame nun " casual day" co seu xefazo Sr. Feijoo, je,je....( recomendo a película).
Este Alcalde considera como ben di aquí valerse o Partido e non as necesidades do Pobo. Aínda que pretenda esa estratexia de querer quedar ben, nin Quintana nin a xente do pobo é parva. Non serve utilizalo talante para enmascararse.
En boa hora o Alcalde firmou o convenio,xa que non se decatou que os seus xerarcas non o consentirían.¿Como vai explicarlle os veciños que xa inscribirón os fillos?¿Como tira pola borda un acordo plenario?.Un pouco de sentido i pensar que o CONCELLO non e patrimonio de ningún partido, pero si dos seus VOTANTES.Sr Alcalde recapacite e faga como algún dos seus colegas de partido que xa deron marcha atrás e desculparonse co Sr Quintana, os pais dos rapaces merecen que faga o XESTO.Si non lle deixan recuar,CAMBIE.Non se pode contentar a todo o mundo.
Publicar un comentario