martes, 11 de marzo de 2008

¡¡¡XA PASARON!!!

O PSOE gañou as eleccións e o PP perdeunas. Nin mais nin menos. Asi de sinxelo. E ata dentro de catro anos, en que volverase a plantexar de novo a cuestión, esta dereita que nos merecemos (porque a votamos...¡claro!) continuará berrando na oposición. Só pido que dende o goberno sáivanse facer as cousas o suficientemente ben, para que a xente neste pais síntase cada vez menos tentada a confiar o seu destino a unha dereita da maneira. E por si o anterior non fora así, tamén podemos pedir, alomenos, que a dereita sacuda as pulgas, e conforme unha oferta axeitada, deixando de lado estas tolas reminiscencias dun pasado para esquecer. Mellor que formen elas (as pulgas) o seu propio partido, mostrándose tal como son, e sin posibilidades de camuflaxes que nos leven a cometer erros por descoñecemento.

Inda que as cousas no País Vasco non saíron ben, parece que a boa vontade e os riscos corridos por o Partido Socialista foron recoñecidos positivamente por aquela xente. Da misma maneira que parece que o PNV sufríu o castigo a sua desconsideración con xente como Josu Jon Imaz. É como si dende alí, pensárase que a mellor maneira para atacar o xa conxénito problema que a todos nos afecta, pasa mais por a actitude e aptitude do PSOE que por as do PP.

Tamén en Cataluña parece que apreciaron a disposición do PSOE a dar resposta a moitas das suas demandas, inda que éstas non os entusiasmen, e que inda agora estén moito no aire. Da misma maneira, ERC está a sufrir un castigo, que quizais teña algo que ver co seu non saber estar nos intres en que debería saber facelo. En calquera caso, os cataláns viñeron a demostrar que a situación apocalíptica que o PP intentou presentar nesa comunidade, non foi mais que outra das suas incontables mentiras.

O proxecto IU foi o gran sacrificado destas eleccións. Voto útil?...pode ser. Mal rollo interno?...pode ser. Moitas cousas poden ser. Pero coa xente de IU dentro ou fora do PSOE, éste faría moi ben en tela en conta, por o seu propio interese e porque supón un punto de referencia demasiado importante para ser deixado de lado. IU é a sal da vida na esquerda, a esencia, o punto de encontro.

E qué vai a pasar despois destas eleccións xeráis?...A saber. De momento, o bo é que élas xa pasaron.

BeA para todos.

2 comentarios:

Ali dijo...

gañou o bipartidismo, barréronse pequenos partidos moi útiles. a min non me gusta este escenario, coa maioría do poder en só dúas mans... aínda así, espero que partidos como IU sigan a ser vitais e que o BNG nos faga un pouco máis fortes aos galegos dentro do estado. difícil con só dous diputados, pero en fin, un desexo.

de todas formas, 'la niña de Rajoy es socialista!' :)

Anónimo dijo...

Estou medianamente satisfeito polo resultado nestas eleccións,e digo asi posto que non supuxo ningún descalabro no partido das dereitas.Coido que esto vainos dar os SOCIALISTAS un marxe de maniobra,xa que consideran unha perda doce estas eleccións;ainda que o que maís temo é o afundimento de IU xa que era unha formación que podía representar a conciencia maís de esquerdas do noso País é o mesmo tempo un bó apoio.A VITORIA é SOCIALISTA.