Os cambios que afectarán, a partires do verán, á ata o de agora coñecida como tarifa nocturna, están a dar moito que falar entre os seus usuarios. A cousa dende logo non é para menos, posto que a vindeira tarifa reducida suporá uns cambios nas actuáis instalacións de tarifa nocturna que non poden despreciarse. Sería xusto que, paralelamente a implantación do Real Decreto o uso, dispuxéranse unha serie de medidas paliativas dos perxuicios que estes cambios va a supoñer para os devanditos usuarios.
Por outro lado debemos admitir que as condicións da tarifa nocturna son inviables nun escenario actual. Parece lóxico pensar que, o que era axeitado fai 25 anos, pode moi ben non selo agora. E de certo non o é por 3 motivos fundamentáis:
-Oferta que se dispón. Si antes estábamos ante un ben excedentario, agora, debido fundamentalmente a implantación da tarifa nocturna en todos estos anos, xa non o é. Teremos por tanto que racionalo e racionalizalo. Ademáis non olvidemos que este ben en España e subvencionado.
-Dimensionamento da rede de suministro. Si o sobredimensionamento razoable era antes suficiente para acometer a distribución, agora non o é en períodos de tempo que, inda sendo pequenos, poden provocar caidas do sistema en momentos puntuais de máximo consumo. E contra ésto non podemos argumentar que é un problema das Eléctricas por non ter dimensionado adecuadamente, porque xusto éso é o que non se faría si concebíramos unha rede de distribución capaz de atender os picos de consumo que a aplicación prolongada da actual tarifa nocturna pode provocar. É como si tuvéramos que ter un Mercedes dos mais caros só para usar uns dias, cando o resto do ano arreglaríamonos moi ben con un Megane. Estes luxos non son asumibles dende ningún punto de vista razoable.
-Ecoloxía. Nada que responda a filosofía de funcionamento de un contactor nos cuadros de control das vivendas, pode considerarse axeitado dende o punto de vista ecolóxico. Esto do chorro libre foron tempos. Agora non podemos andar así, e menos con un ben xa non excedentario.
Por o tanto, o Real Decreto da discordia non só e necesario sinon tamén imprescindibel. Pero da mesma maneira que podemos decir SI a nova Lei, temos que reclamar con firmeza unhas condicións de implantación xustas para os actuáis usuarios da tarifa nocturna.
BeA para todos.
lunes, 17 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Nos creemos k hai k volver a cociña de leña, k non ten horarios.
Publicar un comentario