Pois en moitas casas do Concello de Lousame, a "interné" mesmo parece estar a morar no faiado. ¿Cómo no faiado?...Pois si, ...e tento explicarme:
Na maioría dos fogares, para navegar por a rede, chéganos con conectar a nosa computadora as diferentes versións de liña telefónica que están no mercado, ou ben a través de radio con un dispositivo 3G ou GPRS, etc...Pois en moitas das casas, (non sei si en todas), que disfrutan do coñecido sistema "track", o anterior non basta. Tamén cumple ter ben axeitada a esqueira o faiado. Alí acostuma a instalarse un aparello ó que temos que acceder, mais ou menos regularmente, para "resetear", cada vez que o navegador nos indica a coñecida frase "non se pode mostrar a páxina". Con ésto, e bastante de sorte, podemos dispoñer da opción de navegar outra vez. E ésto gracias a boa vontade de algún técnico, que cheo xa de ser requerido para arranxar o problema, optou por amosarlle o remedio a xente da casa.
Depende como o miremos, a cousa pode ter a sua gracia, pero si o facemos dende o punto de vista da xente que, por a sua laboura profesional, tería que dispoñer de unha conexión mais ou menos axeitada, a gracia queda en nada para mudarse en puro cabreo. E non é para menos. O chamado sistema "track" ofrece un servicio que, nos mundos que estamos a correr (qué estamos no 21 señores de Telefónica), como ben me apuntaba un dos seus usuarios, mais que sistema "track", debería chamarse sistema "traca", pola sua costume a estoupar cada dous por tres.
Ata outra.
lunes, 14 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Me resulta gracioso lo que leo aquí porque a mi me pasa justamente éso. Es insoportable este sistema. Y me pregunto yo, qué lugar ocupa este asunto en la lista de prioridades de nuestros representantes políticos.
Saludos
Publicar un comentario