Hoxe, en un alarde de progreso abraiante, e superados os chamados períodos de murmuracións, (que xa lle chega o nome tamén), os bispos comunicaron por SMS a elección do señor, (que non monseñor que meu non e nada,... por si acaso) Rouco Varela como Presidente da Conferencia Episcopal Española.
Eu alégrome...porque...¡demo!...xa me tardaba o intre en que esta xente decidira mostrarse asi comoo...¡mais evidentes! ¡bah! (por non decir outra cousa menos guapa). E digo ésto porque ata o de agora non parecían renunciar a posibilidade de achegar nova xente a sua causa. Presentábanse como duas faccións (inda que eu diría, asi sin mais, dous departamentos da misma organización, con obxetivos complementarios dun fin común a toda ela). Unha decíanlle a "dura" e outra a "blanda". A primeira dedicábase a explotación dos creintes mais conservadores, e a segunda, que mandaba sobre o papel, axeitábase para mostrarlle unha porta aberta a todos aqueles creintes que ó eran menos, ou incluso progresistas, que tamén existen.
A cousa é que presentaban productos para todos os públicos, e todo baixo a falsa impresión de duas corrientes enfrentadas, baixo a falsa idea de unha organización moi plural plagada de loitas internas por a sua renovación. Desta maneira captaban mais xente, mantendoos aparentemente enfrentados, pero todos dentro...¡claro!.
Pero non contaban que ésto é o siglo XXI, e a estratexia non acababa de ter os seus frutos. Víaselles moito o plumeiro. E así, si querían ter ben alimentados os mais conservadores, tiñan que decir e facer cousas que espataban os mais progresistas. Corrían entón o risco de perder por os dous lados. Xa se sabe, "o que moito abarca pouco aperta". Por eso decantáronse por un valor seguro, e decidiron deixarse de experimentos por o momento. ¡Vamos a asegurar ben os de sempre,... dixéronse!.
E eu digo, ¡¡¡mellor asi!!!, porque desta maneira enganan a menos.
Bicos e Apertas pra todos.
martes, 4 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A reconquista que pretenden estos antedeluvianos non vai a seguer adiante por moito que se poñan dacordo os PP cos altos cargos da Iglesia.Rouco é un "bó" galego como outros predecesores ilustres que adornan a nos xeografia(paco,manuel,mariano,etc.)o melloriño de cada casa.Menos mal que o país xa espertou,é non vai deixar que isto volte atrás.
Publicar un comentario