lunes, 25 de febrero de 2008

¡¡¡PONME!!!

Agradezo a "La Cadena Cope" a ímproba labor social que, como ente de comunicación, acomete cada día. A Cope para mín é un dos exemplos mais claros de xestión do erro (1) que coñezo, de tal maneira que, en vez de supor un problema, convírtese en mín nunha solución. A Cope motívame, e reafirma a miña identidade como ninguén consigue facelo. As veces penso, que non sei que faría sin A Cope.
Coido que non sorprendo a ninguén, que siga este espacio, o afirmar que son unha persoa que creo no Socialismo. Polo tanto, co Socialismo non teño problemas, pero cos socialistas... as veces sí. Ésto é o que me leva, de cando en cando, a padecer, como calquera, certa deriva e falta de motivación. Pois ben, dende fai anos, estas situacións salvoas gracias a "La Cadena Cope". Recoméndolla a calquera persoa, de ezquerdas ou centro ezquerdas, como unha moi boa maneira de alveitar os seus males ideolóxicos. Bástame un cacho escoitando A Cope para volver a sentirme infinitamente ben sendo socialista, e agradecendo á sorte o gran favor que me fixo evitando a miña comunión cos valores que dí representar "La Cadena Cope". I é que a min A Cope ponme,...¡San Dios!... ponme sobremaneira (como diría certo presidente cántabro). Por non falar xa, do gran momento que supón para min cada vez que o destino me leva a bater en 59´´ co tal Nacho.
O Psoe debería incluír este remedio nas presentes eleccións xeráis, como elemento de motivación entre as xentes que, sendo de ezquerdas ou centro ezquerdas, non teñan as ideas o suficientemente claras. E falando de ideas claras, a min do lema de Don Mariano relativo a "las ideas claras", o que me preocupa non é que sexa un home cas ideas claras, que sei que as ten, o que me arrepía son as suas ideas.
Saude irmáns.
(1) Xestión do erro, dícese de cando se aproveita a parte positiva dun feito a todas luces negativo.

2 comentarios:

Ali dijo...

escoitar a Cope (e, sobre todo, a Federico) é como oír comedia e rirse é bo para a saúde!

Anónimo dijo...

Neste País ter unha cadea de radio como a innombrable,non é de recibo.Nun tempo atrás ainda facía algún "PINITO" co Federico para flagelarme,pois non entendía que tuvera que manter cos meus impostos toda a caterva da CURIA, e estos dando caña o Goberno.Que si non están conformes,se autofinancien,manteñan predicadores nas ondas e engorden como bos bacoriños(xa lle chegara o tempo de oubear).