Ante a presión exercida por algúns sectores de producción gandeira seriamente perxudicados, o Concello de Noia vese abocado a suprimir, moi a seu pesar, o actual mercado do gando, por desenrolarse en circuntancias totalmente ilegais.
Con unha aparente presa, o Alcalde do Concello de Lousame propuxo a creación dun mercado mancomunado en terreos de Lousame.
E dende aquí preguntámonos: ¿É ésta proposta do Alcalde unha postura de cara a galería có ánimo de quedar ben, cousa que lle vai moito, e sabendo de anteman da imposibilidade de levar tal proposta a práctica, ou por o contrario trátase de unha proposta razoable, fundamentada e posible? A nos danos como si este home se dixera: Bueno, eu digo ésto e quedo como un alcalde que se preocupa por os seus conveciños, e todo a precio de nada....porque total non vai ser posible levalo a cabo. Pensamos que dada a sua profesión de veterinario e gestor municipal, él debería coñecer ben as enormes dificultades que a idea entraña neste intre. Si o sabe e di o que di...pois mal, e si non o sabe...pois peor.
Por outra banda, parece unha inxustiza facer cumplir a lei a uns, e defender o incumplimento de outros, que por encima perxudican os primeiros coa sua actividade claramente ilegal.
domingo, 3 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
O meu interese poderia ser si o concello esta tan saneado como para facerse coa infrastructura que conleva a instalacion da feira ,e o mantela.Ademais co risco sanitario que conleva o trasego dos animais movidos por tratantes que non teñen instalacions debidamente rexistradas e saneadas.Haberia que preguntarlles os GANDEIROS do concello si estan dacordo coa instalacion da feira.
Demasiados proxectos ten o Concello creo eu, e non da para tanto, eso si que non sexa por publicidade porque creo que hasta empezan a falar de lugares adecuados a tal fin, e para o mercado do gando nada mellor que un campo de futbol abandoado hay demasidos anos. Como os de San Roque xa teñen un pabellon non lles fai falla un campo de futbol, asi que propoñen reutilizalo como mercado, hay un par de anos era para vivenda protexida. Xa veremos para que se utiliza dentro doutros dous anos.
piEsta moi ben a idea do campo de futbol de San Roque para o mercado do gando,pois ten mais prioridade cobixar a uns poucos tratandes que facilitar a promocion de vivenda protexida para o noso concello.¿Que é prioritario,poder aumentar un censo en decadencia,ou favorecer un chalaneo que non beneficia en nada os intereses do concello?¿Haberá algún favor que pagar?.Supoño que o interese dos nosos mandatarios será que as ruas estén asfaltadas,que teñamos un bo servicio telefónico,que os nosos vellos teñan unha boa atención asistencial,que se poidan crear postos de traballo coa instalación de empresas,e que se facilite dende o concello toda a información que poida serlle de utilidade os nosos xovenes.
Publicar un comentario